O xardín creado polo alumnado de FP Básica de Agroxardinería e composicións florais o curso pasado xa floreu, e con algunhas das súas plantas o alumnado de 2º FP Básica de Agroxardinería realizou unha coroa floral para a biblioteca.
A grilanda foi feita sobre base de palla, con hortensias e flores secas e está situada á entrada da biblioteca para que poidades desfrutar dela.
Moitas grazas por este agasallo tan fermoso!
Ningún comentario:
Publicar un comentario