22/06/23

Matemáticas e arte

Os alumnos e alumnas de 2º ESO G do Ámbito científico-técnico fixeron un estudo da xeometría na arte, nomeadamente os mosaicos e as vidrieiras. Esta actividade realizouse como parte do proxecto Educación patrimonial, do Plan Proxecta, e do programa de Polos creativos.

O alumnado realizou unha pequena investigación sobre os mosaicos ao longo da historia centrándose en teselacións do plano para poder traballar con translacións, xiros e simetrías. Para desenvolver o traballo os alumnos e alumnas deseñaron primeiro a súa teselación con GeoGebra, a continuación deseñaron as pezas para imprimilas en 3D, co que deron volume ás súa pezas con Tinkercad, posteriormente lamináronas e imprimíronas. Unha vez impresas pegáronas formando as súas teselacións. 


Polo que respecta ás vidreiras, despois de realizar a investigación sobre vidrieiras medievais e modernistas crearon as súas propias vidrieiras contemporáneas que podedes observar nas ventás orientais da fachada meridional do edificio. Non deixedes de visitalas e observar o fermoso efecto lumínico que crean.

Moitos parabéns polo excelente traballo!!




Ningún comentario:

Publicar un comentario