18/05/23

Mostraxe do naturalixo no eido do centro

Os alumnos e alumnas de 1º ESO A, 2º ESO G e 4º ESO das materias de Cultura científica, Matemáticas e Xeografía e Historia levan o curso todo a analizar o naturalixo da zona da fraga do NW, tamén coñecida como locus amoenus. Este labor desenvolveuse ao abeiro do programa Patio con(vida) que se encadra no Proxecto Terra, do Plan Proxecta, e tamén co PFPP A cultura da sostibilidade.

O propósito da recollida da mostraxe é identificar os patróns de comportamento da comunidade educativa con respecto aos residuos e poder contribuir a buscar unha solución para que tomemos consciencia da necesidade de non xerar residuos e, en caso de facelo, depositalos nos colectores correspondentes ou, preferentemente, levalos de volta para as casas. Hai cada vez máis espazos sen papeleiras como xeito de evitar o naturalixo e non e só existen en lugares arredados senón tamén en Galiza. Animámonos a probar?

Para documentar o lixo, os alumnos e alumnas utilizaron un modelo que podedes consultar nesta ligazón podes acceder ao modelo de recollida de naturalixo no eido do centro. A través desta folla recolleron datos en cinco zonas diferentes, diferenciando por tipo de lixo e rexistrando tamén as condicións meteorolóxicas pois partimos da hipótese que hai unha correlación entre as condicións meteorolóxicas e a cantidade de lixo tanto no eido do instituto como no interior do edificio.



O día 25 de novembro o alumnado participará nunha actividade de recollida do lixo no paseo fluvial de Bertamiráns, guiada por unha educadora medioambiental. Esta actividade está organizada por SEO/Birdlife e Aulas Libera.

Este traballo compleméntase co que está a realizar o comité climático de análise do lixo dentro do edificio. Quen queira participar contará coa nosa máis sincera benvida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario