O pasado 3 de decembro conmemorouse o Día internacional das Persoas con Diversidade Funcional. Co gallo desta conmemoración, o Departamento de Orientación infórmanos da relevancia do concepto diversidade funcional e fainos chegar unha serie de recursos para a nosa reflexión.
Este novo concepto de diversidade funcional vén poñer o acento no recoñecemento da diversidade como un feito inherente á condición humana, no que todas as persoas temos diferentes maneiras de funcionar e de desenvolvernos no mundo.
Isto leva implícito, entre outros aspectos, a eliminación de barreiras de todo tipo, non só as arquitectónicas ou sociais, senón tamén as mentais relacionadas cos prexuizos e os estereotipos cos que as veces nos achegamos aos demais, só polo mero feito de seren “diferentes,” de precisaren de determinadas axudas técnicas, persoais, materiais, curriculares, etc., para funcionar no mundo.
No contexto escolar, a cultura da diversidade aínda hoxe precisa reivindicarse, cando xa debera estar plenamente asumida como un dereito que apela ao recoñecemento da dignidade humana. Faise necesaria unha nova mirada que perciba as potencialidades das persoas, os seus logros, evitando centrarse tanto nas súas limitacións.
Existe cada vez máis bibliografía especializada para axudarnos a coñecer a diversidade funcional, como este libro de Milagros Martín-Lunas sobre o TDAH.
Ningún comentario:
Publicar un comentario