O Comité climático de observación da natureza levou a cabo unha derradeira observación das características da charca antes da súa ampliación.
O grupo comezou cunha observación ao microscopio buscando trazas de seres vivos. Atopamos vida tanto vexetal como animal.
Entre os protozoos atopamos flaxelados, ciliados (vorticela, rotíferos e estértores). Tamén documentamos paramecios e algas unicelulares.
As análises de oxíxeno en disolución (OD) indicaron que a auga da charca presentaba uns niveis moi baixos de oxíxeno, cunha saturación de 2,5 mg/l, moi lonxe do mínimo de 6mg/l.
As análises de peachimetría indicaron un PH da auga de 5,4; o que entra dentro do normal tratándose dunha charca situada en Galicia, con acidez das rochas e do solo.
Despois de ampliar a charca volvemos analizar as condicións da auga. As análises de oxíxeno en disolución (OD) indicaron que a auga da charca presentaba niveis correctos de oxíxeno, cunha saturación de 2,5 mg/l, por riba do mínimo de 6mg/l.
As análises de peachimetría non variaron moito desde a análise anterior á ampliación, cun PH da auga de 5,6; coherente co rochedo e solo no que se sitúa a charca.
Tamén se están a levar a cabo análises de turbidez e de condutividade das que vos informaremos en canto teñamos os resultados.
Ademais de analizar a auga, tamén se realizou a análise do solo da zona da charca, o que indicou que o solo tiña un PH ácido, en consonancia coa súa localización. Tamén estamos a analizar a textura do solo e a granulometría, así como a proporción de materia orgánica.
Ningún comentario:
Publicar un comentario