23/04/16

CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO NO IES DE AMES

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro. Na biblioteca quixemos conmemorar esa data especial cunha serie de actividades levadas a cabo ao longo da mañá deste pasado venres. Fixemos unha exposición coas novas adquisicións de libros e películas feitas durante este curso académico, levamos a cabo lecturas orais (en galego, castelán, inglés e francés) na biblioteca feitas polo alumnado, enchemos un tabloleiro con frases de libros e puxemos proxeccións de libros recomendados na TV do centro. 
Gracias a todos aqueles que participaron e colaboraron para que todas estas actividades  resultaran un éxito.
Aquí vos deixamos algunhas fotos do acontecido durante esta xornada:




                                             

                                             








Tamén se levaron a cabo lecturas nalgunhas clases (como nesta de matemáticas):




Ningún comentario:

Publicar un comentario