Esta semana a Biblioteca estrea unha nova exposición de libros e películas sobre os éxodos e as grandes migracións da Historia. Ademais, proxectaremos unha serie de fotos que reflexan a vida en diferentes pobos do Senegal e Gambia na pantalla que hai á entrada do Centro. Estas fotos foron cedidas pola profesora Marián, á que lle agradecemos a súa colaboración nas actividades da Biblioteca.
Aquí vos deixamos unhas fotos da exposición: (premer nas imaxes para ampliar):
Achegamos tamén varios enlaces xa publicados neste blog na sección de "MATERIAL PARA TITORÍA" (preme nos enlaces):
Ningún comentario:
Publicar un comentario