"Europa Express" de Andrea Maceiras gañou o Premio Jules Verne de narrativa xuvenil 2015. A novela, publicada recentemente na colección "Fóra de xogo" de Xerais, está protagonizada por un grupo de mozos e mozas que realizan unha viaxe Interrail por Europa ao rematar os seus estudos. Na biblioteca xa dispoñemos dun exemplar para os amantes de lecturas sobre o amor, a amizade, o desencanto da vida e os conflitos de identidade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario