06/12/15

ACTIVIDADES DE DECEMBRO

Neste derradeiro mes de 2015, o alumnado do IES de Ames participará en varias actividades culturais das que vos damos conta a continuación:

1) O día 16 o alumnado de 4º ESO asistirá á proxección da película "A praia dos afogados", baseada na novela que leva o memo título, de Domingo  Villar (autor de "Ollos de auga", obra proposta como libro de lectura na materia de Lingua  Galega).

2) Comenza a andaina do "Club de debate", dirixida ao alumnado de 4º ESO, na que o noso centro participa con 48 alumnos e  5 grupos. 

3) O Equipo de Dinamización Lingüística está preparando a actividade "Pequenos grandes desexos", dirixida a todo o alumnado e profesorado do IES. Agardamos impacientes a súa posta en marcha.


Ningún comentario:

Publicar un comentario