24/11/15

SOLTA DE LIBROS


A semana pasada a biblioteca puxo en marcha a actividade de fomento da lectura "Solta de libros", (versión en galego do coñecido "Bookcrossing"). Na cafetería do centro e na primeira planta (ao lado da sala de profesores), hay dúas estanterías con libros que podedes coller para ler. Estes libros pódense devolver ou substituír por outros que teñades na casa. 
Animádevos a participar nesta SOLTA DE LIBROS!





Ningún comentario:

Publicar un comentario