25/06/15

REMATA O CURSO....TEMPO PARA A LECTURA

"Por fin rematou o curso!", dirán moitos dos alumnos e alumnas do IES de Ames. Pois sí, xa case estamos en xullo, tempo de lecer e adicación á lectura. E por iso, a biblioteca do noso centro, xunto co resto de bibliotecas de Ames, agasallamos ao noso alumnado cun tríptico onde se recomendan unha serie de títulos para todas as idades, dende primaria ata bacharelato. Aquí vos deixamos as imaxes das nosas recomendacións, non sen antes desexarvos a todos UNHAS FELICES VACACIÓNS! 



ATA O CURSO QUE VEN!


Ningún comentario:

Publicar un comentario