"Non vivimos nun mundo real, senón aproximado. Toda a nosa vida é unha mentira e manipulación. As nosas neuronas nos enganan." Esta é unha das reflexións que puidemos escoitar o pasado xoves no ciclo de conferencias "A voltas coa mentira". A charla estivo a cargo dun dos profesores máis queridos polo alumnado, o noso polifacético profesor de Educación Física Quico Bouzas, que nesta ocasión saíu de entre bambalinas para convertirse en actor principal.
Parabéns, Quico!
Ningún comentario:
Publicar un comentario