02/11/14

GRECIA E A S MATEMÁTICAS

É inevitable referirse a Grecia cando se pretende mirar a historia das Matemáticas. A achega dos numerosos e importantes matemáticos e filósofos gregos como Tales, Pitágoras, Euclides, Arquímedes, e un longo etcétera, foi transcendental no desenvolvemento desta rama do saber. Con motivo de que este ano as bibliotecas escolares están dedicadas ás Matemáticas, a profesora Margarita Olivar fainos unha proposta de lecturas e cine de matemáticas relacionada co departamento de grego e cultura clásica. Tres desas propostas (“El tío Petos y la conjetura de Goldbach”, “Los crímenes de Oxford” e “El teorema del loro”) podédelas ler online dende a sección “Lecturas online” do noso blog. Aquí vos deixamos o enlace (pi...ncha no pi) que amablemente nos enviou Margarita:





1 comentario:

  1. Me gustaria proponer una idea para el blog. Crea un apartado llamado "ti elixes" (en galego ou castellano). Donde los alumn@s podran proponer libros o ideas para la biblioteca. En vez de depositar un papel en el buzón de la entrada.Espero que les guste mi idea Andrea 1 ESO D

    ResponderEliminar