05/11/14

CANLES PARA O GALEGO

Un dos obxectivos da biblioteca, é contribuír á divulgación e fomento da lingua galega, en coordinación co equipo de normalización lingüística. Por iso,  hoxe estreamos unha nova sección no noso blog chamada "Canles para o galego" (está situada no menú que hai debaixo do título), na que colgaremos vídeos e todo tipo de traballos que axuden a lograr ese obxectivo.

Aquí vos deixamos un primer vídeo chamado “GHALEGHO”, creado por un grupo de mozos e mozas de Rianxo, no que defenden o uso da gheada e o seseo. Polo número de visitas que ten na rede, máis de mil, converteuse no que se coñece como o fenómeno de “vídeo viral”. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario