30/11/14

BOLETÍN INFORMATIVO...... DA BIBLIOTECA CARLOS NIETO

1.- A partir de mañá luns, haberá na entrada do centro un taboleiro onde cada semana se recomendará un libro de lectura e unha película. 

2.- Na sección "CANLES PARA O GALEGO", podedes escoitar o videoclip "Matriarcas" do grupo tradicional galego "Guadi Galego", que fai referencia á violencia de xénero, e o trailer da película galega "A esmorga".

3.- Non vos esquezades de visitar a sección "NOVAS ADQUISICIÓNS", onde podedes ver os libros que a biblioteca incorpora ao seu catálogo. Asemade, as novas películas adquiridas pódense consultar na sección "CINECLUB".

4.- A semana pasada puxéronse en marcha  os clubs de lectura. Na sección "CLUB DE LECTURA", iremos informando dos libros e películas escollidos polos diferentes clubs.

5.- Por último, animarvos a participar no blog, facendo comentarios, mandando traballos ou noticias para publicar, etc.

PASADE POLA BIBLIOTECA E DISFRUTADE DA LECTURA, UN MUNDO POR DESCUBRIR


Ningún comentario:

Publicar un comentario