"Blacksad" é unha serie de banda deseñada de xénero negro creada polo escritor Juan Díaz Canales e
o debuxante Juanjo Guarnido, e publicada
pola editorial francesa “Dargaud”. Malia que os dous
autores son españois, o público principal de Blacksad está no mercado francés e
por iso publican tódolos volumes primeiro en francés. A edición española
acostuma publicarse un mes máis tarde. Levan vendido máis dun millón de
exemplares, e a súa obra está traducida a unha veintena de idiomas. A quinta e
última entrega da serie, “Amarillo”, acaba de recibir o Premio Nacional do
Cómic, concedido polo Ministerio de Educación e Cultura. O protagonista, Blacksad, veterano da Segunda Guerra
Mundial, é un detective americano ao uso en casi todo agás na súa natureza
animal. Un felino humanizado. Aquí vos deixamos a dirección do blog da serie:
Ningún comentario:
Publicar un comentario