16/10/14

CARLOS BLANCO E LUÍS DAVILA REPRESENTAN EN BERTAMIRÁNS O ESPECTÁCULO CÓMICO “MENÚ DO DÍA”
 Este venres, 17 de outubro, ás 21:00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o espectáculo cómico do humorista Carlos Blanco e do debuxante Luís Davila. Trátase dun monólogo de 80 minutos de duración, que está dirixido ao público adulto, no que Carlos Blanco narra historias que son ilustradas nunha pantalla xigante por Luís Davila. As entradas para asistir a este espectáculo poden reservarse ata o venres 17 de outubro, ás 14:00 horas, a través do teléfono 981 53 59 40 ou enviando un correo electrónico ao enderezo 
                         cultura.milladoiro@concellodeames.org
Para máis información, consultar a páxina web do Concello de Ames:
                          http://www.concellodeames.org/

Ningún comentario:

Publicar un comentario