10/10/14

24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Como sabedes, o 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas Escolares. Este ano, o lema elexido para o cartel da campaña de comenzo de curso nas bibliotecas escolares galegas é  

BIBLIOTECA ESCOLAR....MATEMÁTICO!!!

Este lema xoga a salientar o papel imprescindible da biblioteca escolar, e ao tempo, quere lembrar a necesidade de espertar o interese polas matemáticas, achegándose a elas de forma natural e incitando a descubrir a súa presenza na natureza e nos obxectos que nos rodean.

Achegámosvos o cartel deste ano, ilustrado por David Pintor:




















Dende a aquí, queremos animar ao alumnado a participar coa creación de debuxos, carteis, e todo tipo de traballos relacionados coas matemáticas, para expoñer na nosa biblioteca.

ANIMÁDEVOS E PARTICIPADE!

Ningún comentario:

Publicar un comentario