O bioquímico Yeosvani Cabrera Artiles charlou cos alumnos e alumnas de 1º de bacharelato da materia de Bioloxía, sobre o papel das proteínas como marcadores tumorais.
Yeosvani Cabrera, desenvolveu a súa carreira en Cuba durante 24 anos, traballou no desenvolvemento da vacina contra a Covid-19, e é pai do alumno Diego Cabreras, do noso centro.
O investigador falou de como, ademais das probas visuais como o TAC e o PET, se empregan as proteínas como indicadores de cancro, entre eles o de colon.
Dámoslle as grazas por achegar a ciencia ao alumnado cunha charla interesantísima e moi accesible.
Ningún comentario:
Publicar un comentario