21/03/25

Xa o di o refrán!

As alumnas de 2º de bacharelato da materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, preguntou ás familias sobre refráns relacionados coas diferentes estacións do ano e deu a coñecer os resultados da súa investigación nunha exposición no xardín norte do centro que ía mudando á medida que pasaban as diferentes estacións.

En cada estación colocouse a exposición no interior do centro para comezar, despois levouse ao tendal do xardín norte para que puidesen vela outros membros da comunidade educativa e, por último, distribuise polas diferentes árbores do xardín norte. Ao distribuílo polas árbores pretendíase que o alumnado circulase polo eido e coñecese tanto os refráns como as distintas especies arbóreas. Ademais, os refráns foron escritos nun soporte imitando bocadillos de cómic para crear o efecto de que eran as persoas que percorrían a exposición as que dicían os refráns.


Os refráns de outono foron preparados e expostos entre outubro e xaneiro.





Entre xaneiro e marzo foron expostos os refráns de inverno. 




Entre marzo e xuño estarán expostos os refráns de primavera. As alumnas prepararon os refráns como parte da preparación dun roteiro polo eido do centro para o alumnado de 1º ESO do IES de Milladoiro. Unha das actividades deseñadas foi que o alumnado visitante colocase os refráns no tendal do xardín norte.

En breve serán expostos os refráns de verán.

Segundo a recolla realizada, a estación con maior cantidade de refráns e o outono, seguido moi de cerca pola inverno. O número de refráns descende para a estación de primavera e o menor número documentado pertence ao verán. Coñecedes vós algún refrán? Dicídenolo e participade nesta recolla de refráns, un elemento importantísimo do noso patrimonio cultural inmaterial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario