Este curso o equipo de bibliovoluntariado está composto por 25 alumnos e alumnas de case todos os cursos do centro. Só nos falta 1º de bacharelato, FP Básica e ciclos, así que vos animamos a que participedes!
Aínda que xa os ides coñecendo, para axudarvos a que os identifiquedes, levan posto un chaleco azul e unha chapa co seu nome.
O equipo de bibliovoluntariado é moi entusiasta e fai todo o posible para axudarvos, así que, por favor, facede caso das súas indicacións e tratádeos co mesmo respecto co que vos gustaría ser tratados vós.
Se vos gusta a biblioteca e axudar a outras persoas, animádevos a apuntarvos no bibliovoluntariado. O voso labor terá un recoñecemento oficial como voluntariado cultural e ademais poderedes acceder a actividades como premio ao voso esforzo.
Aquí podedes ver o proceso de realización das chapas:
Ningún comentario:
Publicar un comentario