Este ano o lema das bibliotecas escolares estaba dedicado ao teatro. Entre as diferentes actividades relacionadas con este xénero (lecturas teatralizadas, asistencia a funcións teatrais, charlas), traballamos por primeira vez no ámbito do teatro e o patrimonio.
Os alumnos de 4º de ESO e 2º de bacharelato participaron nun obradoiro de patrimonio e teatro impartido por Tero Rodríguez, actriz e integrante de Os Quinquilláns, e exploraron as posibilidades do teatro como medio para divulgar o patrimonio.
Moitas grazas, Tero, polo teu tempo e as túas ensinanzas, que xa estamos a levar á práctica!
Ningún comentario:
Publicar un comentario