A actriz, guionista e directora teatral Andrea Bayer acadou o premio Barriga Verde na modalidade de teatro para rapaces con "O lobo e a lúa", na súa edición de 2014. Nesta peza teatral, publicada agora por Baía Edicións e ilustrada por Chus Ferrín, os personaxes non son o que a priori pensamos e van axudar a resolver o enigma de por que o lobo quere falar coa lúa...
Segundo a propia autora, trátase dunha “peza teatral tenra, divertida e intrigante na que os seus personaxes –Nina, a tartaruga; Duarte, o elefante, e Miñao, un gato malhumorado– conviven a pesar das súas diferenzas”.
Noraboa a Andrea Bayer!
Ningún comentario:
Publicar un comentario