17/11/25

Charla e obradoiro sobre lixo mariño

O alumnado de 2º de bacharelato da materia de  Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia participou no programa de educación ambiental Lixo mariño, organizado polo Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental (CEIDA), e impartido por Laura  Calvo.

A actividade consistiu unha charla sobre a xeración do lixo mariño, o impacto no ambiente e as propostas de solución existentes na actualidade, e un obradoiro onde o alumnado analizaba o seu propio papel na xeración de lixo mariño e propoñía solucións para diminuír ese impacto.



Ningún comentario:

Publicar un comentario