Os equipos de Dinamización Lingüística dos IES Julián Magariños, IES Milladoiro e IES de Ames, convidaron ao alumnado a participar no Πlleite! un concurso Intercentros de desafíos matemáticos en galego, e a resposta foi masiva, con máis de 75 alumnos e alumnas participantes no noso centro.
O alumnado de 1º e 2º de ESO, e 1º e 2º de bacharelato enfrontaranse a un desafío mensual desde outubro ata febreiro, que terá lugar na biblioteca do centro e na aula de música.
As persoas gañadoras nos tres centros competirán na final o día 13 de marzo.
Con esta actividade, favorecemos a motivación, o traballo cooperativo e a presenza activa do alumnado na vida do centro.Os desafíos terán lugar nun segundo recreo cada mes de outubro a marzo. O primeiro tivo lugar o día 24 de outubro e o segundo o 21 novembro. Moitos ánimos!!!
O desafío está tendo un nivel de implicación e xogo limpo moi alto.
Durante as dúas xornadas que tiveron lugar por agora, o alumnado traballou con precisión matemática e explicou os procesos de resolución dos desafíos con moita sabenza, demostrando que no IES de Ames hai espazo para o galego en calquera ámbito e canteira para as matemáticas. Os vídeos enviados mostraron ademais a súa creatividade e esforzo á hora de loitar polos premios.

Ningún comentario:
Publicar un comentario