As alumnas de 2º de bacharelato da materia de Xeografía, Historia, Arte e Patrimonio de Galicia, realizaron unha investigación sobre a historia medieval do municipio de Ames, así como de elementos do patrimonio cultural inmaterial como a gastronomía, a música e a danza da época.
Ao rematar a súa investigación, as alumnas puxeron en práctica as súas aprendizaxesrealizando unha degustación de comida medieval e realizando un obradoiro de danza medieval con Loli Fojón, da Academia LoDanzas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario